Non sabía onde metelo. Se queredes, pode ir á seccion das "outras linguas".
Vou tentar transcribir este video en galego.
https://www.youtube.com/watch?v=Sh48D_PsU9M
Moitas grazas señor presidente, señoras e señora... eh... señores deputados, señor Mamonde. Teño que decirlle que subo a esta tribuna sin saber moi ben se esto, eh, todo o que vostede dixo vai en serio, é una tomadura de pelo ou vostede nos toma por parvos. E non só ós deputados e deputadas senón que ao conxunto dos galegos e das galegas ou tamén, claro pode formar parte desa estratexia, que xa sabemos que é a estratexia que lle preocupa ó señor Ruñez Feijoó que o [único?] que lle preocupa é o relato. Entón, reinventamos a historia deste país, reinventamos o que pasa, e damoslle a volta a cal é o problema que ten a lingua. Teño que decirlle encántame que vostede lle pida que o galego teña una convivencia pacífica co español. ¡pero se teremos que pedirlle ó español, en todo caso, que teña una convivencia pacífica co galego! E teremos que pedirlle ó Partido Popular que teña una convivencia pacífica co galego. Porque claro, vostedes, en honor á verdade, eh... claro, que profesan una política contra a lingua que é realmente sangrante. E fanno, parece ser, que en base ao amor que lle teñen á nosa lingua, o grande aprecio que lle teñen ó idioma galego. ¿Cómo entenden vostedes apoiar a lingua galega? Bueno pois é compartindo pancarta con Galicia Bilingüe, organización efectivamente que está no ámbito da ultradereita antigalega, eso é o que fixeron vostedes.
¿Cómo defenden vostedes o galego? Prohibindo que se utilice nas matemáticas, en tecnoloxía, en física e química. ¿Cómo defenden vostedes o galego? Tirando miles de libros ao lixo porque cometen o delito de estaren escritos na nosa lingua. ¿Cómo apoia o Partido Popular o galego? Eliminando como un requisito para o acceso á funcion pública que se teña que acreditar o dominio real da lingua do noso país. Tamén supoñemos que forma parte que vostedes lle profesan ó idioma, pois que favoreceran que conduciu á eliminación de toda prensa escrita en galego no noso país, e cando xurden iniciativas cidadás de apoio, teñan cero euros por parte da Xunta de Galiza. Iso sí, moitos millóns de euros levan vostedes destinados a outros medios de comunicación, supoño que efectivamente para que non haxa fisuras na mesaxe oficial do réxime. Imaxino que tamén para vostedes una mostra de amor para o galego, pois é que lle destinen o cero coma cero seis por cento dos orzamentos da Xunta de Galiza ás políticas de apoio á lingua. Un terzo, señorías, do que dedicaba o señor Fraga hai vinte anos ás políticas de promoción do galego. E imaxínome que todo isto, pois efectivamente, son as mostras de amor, ¿non?, esas mostras de espírito de consenso, esas mostras que vostedes teñen convivencia pacífica. Vostedes están atacando sistemáticamente a lingua, o galego, é o que vostedes levan facendo durante esta lexislatura, e efectivamente, a pasada. Vostedes consideran a lingua galega extranxeria na sua patria, estan cometendo, pois efectivamente, un delito contra a racionalidade e contra o que marca a propia legalidade vixente no noso país. Miren, as proposiciós non de lei normalmente son para instar a Xunta de Galiza, sen embargo aquí [xa?] estamos vendo que non só Feijoó non responde ás preguntas, senón que agora temos proposiciós non de lei que instant os grupos parlamentarios. Se vostede, e o PP, cre que ten que dialogar cos grupos, é tan facil como que o concelleiro que está aquí presente, pois, dialogue. Pero non dialogan, vostedes utilizan esto simplemente como una parte máis deste debate que de verdade é cansino, é cansino, de intentar darlle a volta á realidade. Vostedes non tiveron ningún interese en dialogar nada en relación coa lingua. Impuxeron un decreto contra o galego que tivo en contra ás asociacións que defenden o idioma, a todos os sindicatos, ó Consello Escolar, á Real Academia Galega, ó Consello da Cultura Galega, ao Bloque Nacionalista Galego e a milleiros de ciudadáns nas rúas que lles pediron que non seguiran con esa política linguicida, con esa política de galegofobia que destilan nas filas do Partido Popular. Se vostedes realmente, pois queren dialogar, [non se lle lo decimos?], retiren o elemento de discordia que crearon vostedes.
E miren, no nos veñan con cuestiós que de verdade rozan o absurdo. Que vostedes nos digan que se necesitamos un marco de dialog para... tendo en conta a referencia da realidade sociolinguística da comunidade na progresiva aplicación no tempo do plan xeral de normalización da lingua galega. Pero mire señor Ramonde, [o] plan xeral de normalización foi aprobada neste parlamento hai case una década. Non necesitamos máis tempo de espera. Se vostedes queren aplicalo, ¡apliquenno! Saquenno da gabeta na que o deixaron, e por favor, non veñan aquí con debates retorcidos en torno á lingua. A lingua galega efectivamente de todos os galegos e todas as galegas, dicía o Castelao: "Se aínda somos galegos, é por obra e gracia do idioma". Seguramente por iso é polo que vostedes atacan con tanta zuna a lingua galega. Nada máis e moitas grazas.
zuna - animosity, antipathy, strong dislike (it sounds like she says "zuña" but only "zuna" shows up in the dictionary, maybe "zuña" is a dialectalism or something)
orzamento - budget (Sp. presupuesto, Pt. orçamento?)
It sounds like she says "si" and "sinón" to me but I think these are Hispanicisms, or maybe I'm mishearing her. Only "se" and "senón" show up in the Real Academia Galega's dictionary. I think there are also moments where she overuses the prepositon "a" (which in Spanish is used for direct objects if they are human; "tomar por parvo a", "ter en contra a") and may put the clitics in the wrong place sometimes: according to this se makes the clitic come before the verb, so it should be se vostedes o queren aplicar and not se vostedes queren aplicalo.